InicioMedio ambiente e PatrimonioUnha decena de mozos participa no campo de voluntariado do Castro de...

Unha decena de mozos participa no campo de voluntariado do Castro de San Lourenzo

Dez mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, acompañados por tres monitores, compoñen o III campo de voluntariado no marco do Proxecto de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa na Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os voluntarios estarán ata o 13 de agosto axudando nas labores de limpeza e mantemento do Castro de San Lourenzo. Tamén colaborarán en actividades comunitarias e dedicarán gran parte das horas fóra dos traballos no castro a coñecer aos veciños, a historia e as tradicións do municipio.

O campo de voluntariado é financiado pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón e da Asociación veciñal ‘María Castaña’ de Cereixa.

Castro de San Lourenzo / Concello da Pobra do Brollón

A xefa do Servizo de Xuventude de Lugo, María Grandío, declarou nunha visita ao castro que “trátase do campo máis relevante da provincia de Lugo en canto á vinculación cos veciños e os traballos arqueolóxicos”. Comentou que o Proxecto de San Lourenzo é “emocionante” e que observa grandes avances nos traballos de ano en ano.

Trátase do terceiro campo de voluntariado consecutivo celebrado no castro. Este ano, debido á situación sanitaria, só participan persoas residentes en Galicia e seguen un estrito protocolo de seguridade e hixiene.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...