O Concello de Folgoso do Courel acolle o venres 23 de outubro unha xornada formativa sobre ‘O Castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións’.
Desenvolverase no edificio do Concello ás 10:00 horas. A duración da acción formativa, que imparte AGACAL, é de 4 horas. A inscrición é de balde a través deste enlace.
Unha vez cuberto o formulario será preciso envialo ao enderezo: info@castanadegalicia.org. A xornada forma parte do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020, cofinanciadas co 75% FEADER. PROMOVE: Consellería do Medio Rural, Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Departamento de Investigación e Transferencia.