HomeMedio ambiente e PatrimonioFolgoso do Courel apoia o proxecto rurAllure promovido pola Fundación Uxío Novoneyra

Folgoso do Courel apoia o proxecto rurAllure promovido pola Fundación Uxío Novoneyra

A alcaldesa asinou o documento que converte ao Concello no primeiro socio colaborador dunha iniciativa que pretende atraer aos peregrinos a que coñezan o patrimonio cultural e literario que perimetra as rutas do Camiño Francés e o de Inverno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sinatura dunha carta de apoio ao proxecto europeo rurAllure por parte da alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, converte ao Concello de Folgoso do Courel no primeiro de Europa en dar apoio a esta interesante iniciativa na que participa como socio promotor a Fundación Uxío Novoneyra.

A proposta ten como obxectivo a promoción de museos e espazos culturais en áreas rurais nas proximidades dos camiños de peregrinación de Europa e está financiada pola Comisión Europea no marco do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea.

Trátase dun proxecto que terá 3 anos de duración e que pretende fomentar a cooperación cultural e o turismo sostible a través da unión de 15 entidades europeas de 10 países que traballarán no deseño de estratexias conxuntas coas que atraer turistas.

Atraer turistas ao Courel

O papel da Fundación Uxío Novoneyra, xunto coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel, será  o de executar en Galicia as accións ao redor dos Camiños de Santiago, en concreto do Camiño Francés e o Camiño de Inverno para atraer aos camiñantes e que se acheguen a coñecer o patrimonio cultural e literario que perimetra as rutas, e en concreto convidalos a achegarse ao Courel.

Para conseguir este obxectivo levarase a cabo un programa piloto para captar a eses turistas, que terá un forte compoñente tecnolóxico que permita mapear todo o patrimonio cultural e xeolocalizar os puntos de interese para conseguir así que eses peregrinos se desvíen ata o Courel. O proxecto piloto contará cunha plataforma tecnolóxica cuxo desenvolvemento liderará a Universidade de Vigo.

O Concello de Folgoso do Courel será a área de actuación prioritaria no programa piloto, tanto por proximidade e relevancia turística como pola súa localización estratéxica entre ambas as vías de peregrinación. Con este traballo desde a Fundación Uxío Novoneyra agardan contribuír ao desenvolvemento da oferta turística da zona deseñando produtos de turismo literario.

Coa adhesión ao proxecto rurAllure como socio colaborador, o Concello de Folgoso do Courel comprométese a facilitar información e datos sobre os fluxos e oferta turística do municipio, divulgar os avances e resultados do proxecto nos medios ao alcance do Concello (oficina de información turística, páxina web, etc.), así como contribuír á divulgación dos avances e resultados do proxecto entre a  veciñanza do Concello (empresarios, profesionais, etc.)

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...