Neste encontro, que comezará ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Quiroga, haberá dúas interesantes charlas sobre xeoloxía, a presentación dun libro e unha singular “cata de viños xeolóxica”.
A cronoloxía de intervencións e actividades será a seguinte:
20:00 h. Charla do Dr. Enrique Díaz Martínez (Área de Patrimonio Geológico y Minero, Instituto Geológico y Minero de España) baixo o título de “Patrimonio geológico: qué es, para qué sirve y dónde encontrarlo”.
20:45 h. Intervención do Dr. Daniel Ballesteros (Investigador de la Universidad de Rouen-Normandie y Centre National de la Recherche Scientifique en Francia. Miembro del Comité Científico Proyecto Geoparque Montañas do Courel). O título da súa alocución: “Las rocas de las Montañas do Courel, nuestros recursos más sólidos”.
21:30 h. Presentación do libro: “Las Montañas do Courel: una geología muy humana”.Este libro está editado pola Asociación Montañas do Courel e recolle unha primeira aproximación á xeoloxía do proxecto Xeoparque Munidial da UNESCO Montañas do Courel.
21:45 h. Difusión do patrimonio gastronómico Montañas do Courel cunha “Cata de viños xeolóxica”.
Prégase informar á organización da asistencia porque a participación na cata está limitada a 50 persoas. Para reservar praza contactar enviando un mail a grupogdr8@yahoo.es ou comunicarse por teléfono e/ou whatsapp no número 609814925.
Os asistentes recibirán como detalle un exemplar do libro que se presenta.