InicioMedio ambiente e PatrimonioOutubro, mes negro para o lumes na comarca de Lemos

Outubro, mes negro para o lumes na comarca de Lemos

A tarde deste xoves 4 de outubro deixou un incendio forestal en Sindrán, que quedaba extinguido na mesma xornada; xa pola noite producíase outro en Reigada, ámbalas dúas parroquias de Monforte, e outro en Nogueira de Ramuín, que desde Monforte semellaba ser o monte de Piñeira.

Publicado o

- Advertisement -

Desde 112 Emerxencias Galicia xa se viña avisando da necesidade de precaución en todo o centro e sur da provincia de Lugo polo risco extremo de incendio ante a falta de choivas e as altas temperaturas. E as posibilidades de incendios forestais materilizáronse cos lumes declarados en Sindrán o día 4 pola tarde e en Reigada pola noite. Os dous lumes quedaron apagados horas despois de iniciarse. Tamén ao redor das 21.00 iniciábase outro incendio no concello ourensá de Nogueira de Ramuín, este lume fixo pensar á veciñanza de Monforte que se trataba do monte da parroquia monfortina de Piñeira, pero era unha sensación visual.

Os lumes quedaron xa extinguidos e a mañá deste venres 5 deixa na zona esa luz apagada froito dos restos do fume. As previsións meteorolóxicas dan choivas leves para mañá, pero a situación segue sendo complicada e pídese aos veciños precaución porque se mantén o risco elevado de incendio. Os incendios poderían ser fortuitos e axudados pola altas temperaturas e a falta de choivas, pero tantos focos ardendo en distintos puntos e de modo consecutivo fan pensar en lumes provocados.

O mes de outubro estase convertendo nun mes negro para os incendios en Galicia, acaba de comezar e xa vai dando avisos. Lembramos que o pasado ano, outubro foi un mes tráxico coa cantidade de lumes que afectaron ao sur de Galicia, especialmente á provincia de Pontevedra e no caso de Lugo, en concellos como A Pobra do Brollón.

A tendencia vén sendo a mesma desde hai moitos anos, o final do verán chega cargado de lumes. Hai 20-25 anos acontecía en setembro, os cambios climatolóxicos xerais van retrasando o final do verán e na actualidade chega a outubro. É agora cando se dan as condicións perfectas para que o monte arda, é cando máis dano se pode facer e é o momento escollido por quen, efectivamente, quere facer dano.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...