InicioMedio ambiente e PatrimonioRecuperación da tradición de hospedaxe do Mosteiro das Bernardas de Pantón

Recuperación da tradición de hospedaxe do Mosteiro das Bernardas de Pantón

A Consellería de Cultura destina 523.000 euros a estas actuacións para as que se prepara a contratación e que permitirán recuperar a tradición de hospedaxe monástica deste edificio.

Publicado o

- Advertisement -

Na planta primeira habilitaranse as estancias de hospedería, sala de almorzos, catro cuartos dobres, dúas habitacións individuais e dúas salas comunitarias, entre outros espazos.vTamén se reformará a planta baixa do ala leste do mosteiro para acoller a recepción da hospedaría, un espazo informativo sobre o monumento e a súa contorna e o acceso á torre barroca.

O delegado territorial, Xosé Manuel Balseiro, destacaba na visita que fixo este mércores, 11 de decembro, que a proposta pretende “a recuperación física e funcional do mosteiro, que suma novos servizos, pon en valor a torre barroca incorporándoa á visita cultural, e mellora a accesibilidade e confortabilidade”.

O Mosteiro cisterciense de Santa María de Ferreira de Pantón conta dende o ano 1975 coa declaración de ben de interese cultural coa categoría de Monumento. A Xunta de Galicia desevolveu distintas fases de restauración como os morteiros do claustro no ano 2014, ou melloras na cuberta no 2011.

Esta nova intervención busca mellorar as condicións de humidade na planta baixa executando una nova soleira ventilada; actuar sobre pavimentos, paredes e teito; dotalos de instalacións de electricidade, iluminación, calefacción e seguridade contra incendios; instalar novos aseos exteriores para facilitar o uso cultural do mosteiro; realizar traballos de consolidación e conservación nos tabiques barrocos, e acometer diversos labores de cantería, carpintaría e forxa para restaurar distintos  elementos do mosteiro.

As empresas interesadas en optar a este contrato teñen de prazo ata o vindeiro luns, día 17 de decembro, para presentar as súas ofertas.

ÚLTIMAS

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...