InicioMedio ambiente e PatrimonioCampañas sobre reciclaxe en Láncara e Quiroga

Campañas sobre reciclaxe en Láncara e Quiroga

Co fin de concienciar sobre reciclaxe de aparellos electrónicos usados, o día 9 de xaneiro Os Bolechas visitan o CPI de Láncara e o día 10 o stand da campaña “separar con xeito” estará na Feira de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a desenvolver unha campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos e con esta intención visitará varios centros educativos lugueses ao longo desta semana.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa, enmarcada na campaña xeral ‘O que se enchufa recíclase’ busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos.

O día 9 de xaneiro Os Bolechas visitarán o CPI Ramón Piñeiro de Láncara para trasladar a cativos e cativas coñecementos e comportamentos para un correcto tratamento dos aparellos electrónicos que xa non se usan. A través dun xogo, os máis pequenos interaccionan cos Bolechas para converterse nos maiores defensores do planeta e formar parte da Real Orde do Movemento RAEE (Reciclaxe de Aparellos Eléctricos e Electrónicos). Para iso deben cumprir un decálogo de comportamentos e actitudes colectivas e individuais que se teñen que poñer en práctica no fogar e no centro de ensino.

Como parte da campaña de concienciación para a reciclaxe a Xunta tamén levará a Quiroga o día 10, día de feira, o stand da campaña “separar con xeito que organiza en colaboración con Ecoembes. Nesta acción de educación e concienciación medioambiental trátase de fomentar prácticas responsables para a reciclaxe e correcta separación de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón.

 

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...