HomeMedio ambiente e PatrimonioC@urel Vivo solicita un Convenio de Rehabilitación para o concello

C@urel Vivo solicita un Convenio de Rehabilitación para o concello

A moción pola rehabilitación enerxética de construcións con máis de 50 anos recolle solicitar á Consellería de Vivenda e a Fomento, un Convenio para o Courel, e crear no concello unha comisión dos tres grupos políticos para abordar o tema das construcións con risco de caída.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo C@urel Vivo, tería boa acollida no Courel, un Convenio de Rehabilitación similar ao desenvolto en Lugo ou Mondoñedo, onde Ministerio e Consellería aportasen o 70% do custe da rehabilitación e o particular interesado en rehabilitar, o 30% restante.

Suxiren, que en determinados casos, o Concello podería afrontar ese 30%, sempre e cando esa vivenda fose re-alugada durante 20 – 30 anos, polo Concello; a prezos baixos para atraer xente nova. Desde C@urel Vivo cren que un convenio destas características suporía un impulso para o Concello, crearía postos de traballo e vivenda social que atraería á xente moza.

Puntualizan desde C@urel Vivo, que a  Xunta de Galicia e o Goberno de España, teñen un deber de  preservación, protección, promoción, valorización, transmisión e revitalización do patrimonio. No Courel, a maioría das construcións antigas, están construídas coa técnica de Pedra en Seco, técnica catalogada pola UNESCO como Ben inmaterial, “pero que se can a ducias, cada ano que pasa”, recolle C@urel Vivo na súa exposición de motivos; que completa referíndose aos cartos que as Administracións adican a rehabilitacións en cidades, mentres no rural “apenas invisten”. Que as Administracións se implicasen neste Convenio daría mostra dunha aposta real polo rural, conclúen.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...