A acción conxunta para combater as especies exóticas, eucalipto sobre todo, quere levarse de xeito simultáneo en toda Galicia o vindeiro 21 de marzo, “Día Mundial Forestal ou dos Bosques”.
Algunhas entidades que xa se sumaron son Adega, as Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, a Oficina de Medio Ambiente da UDC, Amigos da Terra ou a Comunidade de Montes Veciñais de Froxán. A iniciativa está aberta á incorporación de máis persoas ou asociacións, que poderán contactar co colectivo ‘Cousa de raíces’ para anotarse e ir enchendo o que xa se coñece como “mapa da deseucaliptización”.
Polo momento non hai ninguén que se apuntase da zona sur de Lugo. O mapa e a información completa no Galicia Confidencial.