HomeMovementos sociaisSesión de contos da man da Mesa Pola Normalización Lingüística en Sober

Sesión de contos da man da Mesa Pola Normalización Lingüística en Sober

A súa delegación na Comarca de Lemos trae á narradora María da Pontragha co seu espectáculo 'Un saco de contos'. Será este venres 3 de xaneiro ás 17:30 h. no Centro Sociocultural do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Contactamos con vós dende A MESA Lemos para informarvos dunha actividade que organizamos e que terá lugar este venres 3 de xaneiro no Centro Sociocultural do Concello de Sober ás 17:30 h. Trátase dunha sesión de narración oral a cargo da marabillosa narradora María da Pontragha.

Dende hai uns anos, a delegación da MESA Pola Normalización Lingüística en Lemos e contorna, vén realizando no Nadal diferentes actividades de balde dirixidas á cativada co obxectivo de contribuír á normalización da nosa lingua. A idea é ofrecer a un concello a actividade e que esta sexa rotativa chegando a todos os municipios da contorna. O pasado ano fíxose un contacontos en Bóveda e este ano, concretamente o 3 de xaneiro, a sesión de narración oral chegará a Sober.

ARTISTA E ESPECTÁCULO

María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade.

O espectáculo: Un saco de Contos

Contos e cancións de tradición oral para crianzas. Que beben da nosa herdanza cultural e cos que semento as leiriñas das familias para que medren vizosas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...