HomeCulturaTeatro familiar este 3 de xaneiro na casa da cultura de Monforte...

Teatro familiar este 3 de xaneiro na casa da cultura de Monforte de Lemos

O Equipo de Goberno do Concello de Monforte, dentro da programación do Nadal 2024-25, programa un espectáculo teatral para público infantil-familiar titulado Cachopo máxico da compañía Lilá Teatro, espectáculo que terá lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o venres 3 de xaneiro ás 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Cachopo Máxico é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes galegos máis antigos que cuestiona a influencia da modernidade sobre a cultura popular e reivindica os bos saberes ancestrais.

Nunha pequena porción de terra enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, ademais de estar algo perdido entre brétemas do esquezemento, se pode divisar unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de votar fume pola súa torta chimenea. Alí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Isto quere dicir que ademais deles non hai outros. Son a familia Palpatore. Non se sabe moi ben de onde veñen nin tampouco se sabe a onde queren chegar. Os Palpatore son extraordinarios e teñen aspectos moi diferentes entre sí coma todas as familias, tamén, como todas as familias, gardan grandes segredos.

Ó chegar o Nadal, a familia Palpatore comeza a ferver. Toca traballar sen descanso durante todo un mes e non están afeitos a tanto traqueteo. Eles son os mellores coñecedores de toda a maxia que acontece nestas datas de culto e celebración.

ÚLTIMAS

‘Bolsas Pintor de Castinandi’ para participar nun taller fotográfico en Sober

O Concello de Sober convocou tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para este...

O centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un libro sobre Begoña Caamaño

O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e...

O Concello de Chantada anuncia a urbanización de 2.500m2 na vila coa apertura de novos viais e a creación de zonas verdes

Na rúa Concepción Arenal, o concello adquiriu a finais do ano pasado dúas parcelas...

Poxa de novelas de rubia galega en Seoane do Courel

A poxa estivo organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de...