HomeMovementos sociaisNova concentración de 'Enfermeiras en Loita' no Hospital de Monforte

Nova concentración de ‘Enfermeiras en Loita’ no Hospital de Monforte

O colectivo convoca a mobilización para o vindeiro xoves 12 de setembro ás 12.00 h.

Publicado o

- Advertisement -

Enfermeiras en Loita Monforte, uníndose ás reivindicacións do colectivo a nivel de Galicia, anuncia unha concentración para o vindeiro 12 de setembro ás 12:00 h. diante do Hospital Comarcal de Monforte. A mobilización realizarase en centros de saúde e Hospitais de Galicia, como xa vén sendo habitual cada 12 de cada mes dende hai varios meses.

Cada mes reivindican unha nova causa, e nesta ocasión, o novo contrato de continuidade está no punto de mira das e dos convocantes. Segundo estes, “foi vendido por parte do Sergas como a solución para a falta de estabilidade laboral e da escaseza de persoal que vén afectando os nosos hospitais e centros de saúde desde hai tempo, e o certo é que este novo contrato, máis que una solución, parece unha mazá envelenada”.

No argumentario que fundamenta a protesta engaden que “este contrato é malo para nós, para os doentes, e para o Servizo Galego de Saúde que segue a perder prestixio e calidade a costa de empeorar as condicións laborais dos seus traballadores e traballadoras”.

Así mesmo, fan un chamamento á solidaridade da cidadanía para unirse á loita que manteñen co Goberno da Xunta co obxectivo de acadar unha solución á precariedade e inestabilidade laboral no sector.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...