InicioMovementos sociais“Neste tren cabemos todxs” quere suprimir os pasos a nivel en Monforte...

“Neste tren cabemos todxs” quere suprimir os pasos a nivel en Monforte e recuperar un servizo ferroviario de calidade no sur de Lugo

Publicado o

- Advertisement -

“Neste tren cabemos todxs” preséntase como unha plataforma cidadá formada por distintas organizacións, entidades, asociacións e persoas que xuntan forzas co obxectivo de defender o ferrocarril público na comarca de Lemos. Desde a plataforma á que se poden sumar todos os interesados lembran que o ferrocarril supuxo historicamente para Monforte un motor de desenvolvemento económico e social, se ben nas últimas décadas, se deu unha continua degradación nos servizos ferroviarios e no impulso económico que supón para a cidade do Cabe e a súa comarca.

Desde a plataforma culpan ás políticas neoliberais dos diferentes gobernos da Xunta e do Estado de cuestións como:

  • Desaparición de servizos tanto de viaxeiros como de mercadorías, abandonando e desmantelando vías e peiraos e empeorando a oferta de transporte.
  • Falta de persoal e de investimentos para o mantemento da infraestrutura o que orixina importantes riscos de seguridade e excesos nos tempos da viaxe.
  • Envellecemento e diminución do persoal ferroviario coa conseguinte precarización do traballo e como consecuencia empeoramento do servizo e diminución da seguridade e da calidade.

Con estes antecedentes solicitan de modo urxente e inmediato:

  • Substitución xeracional en todo o persoal ferroviario e aumento do persoal en Renfe e Adif, internalizando todas as tarefas externalizadas ao longo dos anos e cubrindo todas as baixas, tanto temporais por enfermidade como definitivas por xubilacións.
  • Aumentar as frecuencias e servizos rexionais repondendo ás necesidades reais, en particular no traxecto Lugo-Monforte-Ourense-Vigo, con horarios que cubran as necesidades reais das persoas usuarias.
  • Impermeabilización da liña e supresión dos pasos a nivel dentro do centro urbano de Monforte.
  • Instalacións seguras para os viaxeiros na contorna da estación de Monforte coa instalación de ascensores que comuniquen as plataformas.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...