InicioOpiniónReiki, o poder de sanación da Enerxía Universal

Reiki, o poder de sanación da Enerxía Universal

Hai unha terapia que aos poucos vai gañando adeptos, basicamente por demostrar as súas bonanzas, esa terapia é o REIKI. O REIKI é unha terapia enerxética rescatada en Xapón. Adóitase situar a orixe de REIKI no Tibet e díxose que é un método de sanación por imposición de mans que xurdiu alí e que foi redescuberto por Mikao Usui.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Ecocentro Natureza
- Advertisement -

A sanación por imposición de mans é algo que utilizou a humanidade desde os albores do tempo. Non só pertence ao Tibet. Reiki é a enerxía cósmica da máis alta dimensión. O método Usui de sanación mediante Reiki (USUI REIKI RYOHO) foi creado por Mikao Usui en 1922, facilitando así a toda a humanidade o manexo da vibración alta de Reiki para vivir unha vida de paz e gozo.

COMO ACTÚA O REIKI?

A persoa que recibe unha sesión de Reiki notará xa na primeira sesión un estado de Paz e Tranquilidade. Iso débese a que a Enerxía Universal solta tensións físicas, ademais de acougar a mente.

Sabemos que detrás de toda enfermidade hai un trauma emocional. Ese trauma, mentres non se libere, estará a bloquear o libre fluír da enerxía nunha parte do corpo ou nun determinado órgano. Cos anos ese bloqueo acaba xerando unha enfermidade.

A medicina oficial, a da farmacopea, trata os síntomas, pero non actúa sobre a causa, de maneira que o medicamento o que fai é camuflar a enfermidade pero non a elimina, só conseguirá eliminar os síntomas, ata a seguinte recaída. Mediante as sesións de Reiki vanse soltando esas tensións, permitindo ao paciente mellorar o seu estado vital. Segundo a paciente mellora, o trauma que lle provocou a enfermidade volve ao seu consciente, de maneira que é nese momento cando o paciente ten a oportunidade de eliminar a causa mediante a comprensión.

Chacras / hermandadblanca.org

Hainos que se bloquean ante ese sentimento que crían esquecido e chegan mesmo a bloquear a circulación de enerxía que lle transmite o terapeuta de Reiki. Néganse a enfrontarse á realidade. Hoxe día temos ferramentas moi poderosas para axudar ao paciente para comprender e eliminar eses traumas. As fórmulas do perdón, do auto perdón e do merecemento, xunto coa respiración consciente e a observación, están a demostrar uns resultados espectaculares en quen as recita.

Por tanto e resumindo, o Reiki dá a oportunidade de despexar as tensións físicas e mentais que xeran enfermidades. E as fórmulas de eliminar os condicionamentos que nos impiden ver a realidade. Un sanador Reiki non sana, só é unha canle de enerxía. É a Enerxía Universal a que actúa.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...