InicioOpiniónAdega Sernande, 'mimando os viños na adega' e vendendo en Nova Iork

Adega Sernande, ‘mimando os viños na adega’ e vendendo en Nova Iork

Na entrega deste mes, os colaboradores de Segredos de Pantón entrevistan aos propietarios da Adega Sernade, María José Aira e Antonio López. Chegados das terras da Pobra do Brollón instaláronse en terras de Pantón, lugar onde atoparon o sitio axeitado para instalar a súa adega.

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

Adega Sernande é un proxecto honesto, comprometido coa viticultura responsable, que busca nos seus viños sacar o carácter da terra da que proceden. Buscan elaborar viños naturais facendo un traballo respectuoso, mimando os viños na adega, cos seus tempos e evolucións necesarias.

Que obxectivos queredes acadar?

O noso obxectivo e seguir elaborando as marcas que temos agora e incorporar novas elaboracións sobre todo en brancos.

Sabemos que sodes da Pobra do Brollón, pero como rematastes en Sernande, que vos trouxo aquí?

Estivemos un tempo buscando unha construción para rehabilitar en distintas zonas, dende un principio sentímonos moi cómodos en Sernande e o proxecto que tiñamos encaixaba na casa que compramos e que hoxe é a Adega. 

Adega Sernande. Foto: Mª José e Antonio López

O voso traballo ata agora témolo nos viños Vertixe, Mil Vueltas e Oh my God, como foi a súa aceptación?

Vertixe xa é un viño cun mercado consolidado e cunha gran demanda, no caso de Mil Vueltas e Oh my God, acabamos de presentalos na ‘Emoción dos viños’, que se celebrou o fin de semana pasado en Barro, e tiveron moi boa acollida.

Temos entendido que case toda a vosa produción viaxa ao estranxeiro, cal é o perfil dos vosos compradores, distribuidores de viño, restaurantes…? Que países están na vosa lista?

Parte da nosa produción estase a comercializar en Nova Iork, e tamén a nivel nacional. En Galicia podemos atopalo en A Curba de Portonovo ou no Restaurante Polvora de Madrid por poñer algúns exemplos. Afortunadamente cada vez hai mais consumidores que queren coñecer que hai detrás de cada botella, e ao mesmo tempo contamos con hostaleiros coñecedores dos viños que venden, esta simbiose fai moi enriquecedora a cultura vinícola dun pais. Estes mercados son os que buscamos para os nosos viños.

Viñas de Adega Sernade. Foto: Mª José e Antonio López

O voso caldo Vertixe, foi unha colaboración con Orly Lumbreras, como foi a experiencia?

Orly Lumbreras forma parte da esencia da adega. El xunto coa súa muller Mila colaboran con nós no proxecto, nas distintas etapas. Únenos unha boa amizade ante todo e a ilusión e o sentir común no mundo do viño. A forma de elaborar xorde dun consenso e dunha valoración profesional como é a de Orly Lumbreras.

Para rematar coa entrevista, que pensades que fai únicos aos viños da denominación de orixe Ribeira Sacra?

Para nós a singularidade dos viños da Ribeira Sacra está no ‘terruño’, na rica diversidade de solos que temos e que fai que unha mesma variedade teña unha expresión distinta e un carácter diferenciado.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...