HomeOpiniónDiario de corentena: O teletraballo

Diario de corentena: O teletraballo

"Nos negocios online as economías non paran e seguen funcionando e a nosa experiencia é que se xestiona mellor traballando desde a casa que cando traballabas na oficina. A xente curiosamente está máis centrada no traballo a pesar de estar na casa do que o estaba na oficina.", teletraballa en Portugal

Publicado o

- Advertisement -

Fai tempo que quería adicar un Diario de Corentena ao teletraballo, pero sempre aparecían outros temas “máis actuais” vinculados ao confinamento social. En certa medida sorpréndeme que o teletraballo sexa actualidade coa crise do Covid19.

Agora que está de moda lembrarnos do pasado. Lembro que o traballar desde a casa, ademais de agricultores e gandeiros, onde o vín de modo recurrente na infancia foi nas películas. “Películas americanas”, sen dúbida. E parecíame perfecto. Era na adolescencia supoño, e aí quedou o tema.

En certo modo debería estar satisfeita porque desde o 2008, o 80% do meu traballo fágoo desde a casa ou desde un portáil, nunca o imaxinei cando rematei de estudar. Co confinamento, os días para mín cambiaron fóra, dentro non necesariamente, só que agora estás todo o tempo e o espazo achícase.

Na miña experiencia, traballar na casa require certos hábitos, pero nada férreo; pódese adaptar mellor o tempo e para a conciliación familiar sería básico nos tempos que corrían. En moitos casos non é posible o teletraballo, pero cando o era..  ¿Por que se primaba a asistencia a un posto de traballo en horarios anti ser humano?. O que sempre se dixo da falta de produtividade de España. Funciona por horarios nos postos de traballo e non por obxectivos ou produtividade, aínda que supoño que se non o fas ben vas para fóra. Para mín o fondo diso era a desconfianza no traballador ou nos cidadáns; ver que está traballando, se non o vexo igual non traballa. Co Covid19 isto igual pasa a ser “cultura” do pasado. E así igual se acababa o aínda habitual: perfiro traballar fóra por non aturar á muller todo o día, ou ao home.

Nos negocios online as economías non paran e a xestión do traballo faise mellor desde a casa

Internet posibilita que moitos servizos se poidan prestar por teletraballo, e xeneralizar o teletraballo aforraría tantos custes, tantos movementos, axudariamos ao medio ambiente, controlaríase mellor a expansión dun virus, daríase tempo a que as persoas tiveran vida e non habería que vivir “necesariamente” nunha cidade. Parece mentira que algo tan tecnolóxico e natural como forma de vida, se fixera unha opción co Covid19 e non antes. Logo estarían as limitacións que internet ten no rural, pero se hai máis usuarios no rural a “lei do mercado” eliminaríaas, entendo.

Teletraballo / franquicia.net

En Portugal, despois da anterior crise económica cos conseguintes rescates, o teletraballo veuse implantando e a adaptación á crise do Covid19 neste senso foi máis áxil. Á outra banda do teléfono un galego que leva 5 anos traballando en Lisboa nunha consultora outsourcing confirma coa súa experiencia a eficacia do traballo desde a casa.

“Hai dúas cousas, a experiencia da anterior crise; aquí hai moito teletraballo e xornadas continuas, a xestión é máis sinxela, pero a loxística foi moi complicada. Estamos falando dunha empresa que levou un computador a 1.200 traballadores á súa casa. Os equipos que se xestionaban in situ, agora xestiónanse a distancia. Todo o mundo está operativo desde a casa. Nos negocios online as economías non paran e seguen funcionando e a nosa experiencia é que se xestiona mellor traballando desde casa que cando traballabas na oficina. A xente curiosamente está máis centrada no traballo, a pesar de estar na casa do que o estaba na oficina. Hostalería, turismo e servizos que necesitan presenza física de clientes van acusar máis esta crise, que os que traballamos online.”

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

Metro para traballar, película

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...