HomePolíticaA segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada autonómica Raquel Arias asegura que a provincia de Lugo é a que recibirá maior investimento por habitante nos orzamentos da Xunta e que un dos investimentos máis importantes nas contas do vindeiro ano para a zona sur da provincia se dirixe á segunda fase da mellora da LU-651, entre Folgoso do Courel e Seoane do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á alcaldesa, Lola Castro, que destaca que “o presidente Alfonso Rueda cumpre o compromiso manifestado durante a inauguración da primeira fase de seguir con esta estrada, que é a columna vertebral do noso concello”.

Raquel Arias incidiu tamén no “exercicio de responsabilidade do Goberno galego ao presentar as contas en tempo e forma” e no “reforzo do gasto social”; xa que prevé dirixir o vindeiro ano 3 de 4 euros a política social, sanidade, educación ou emprego.

Na zona sur da provincia a deputada popular subliñou que “a Xunta de Galicia mantén o seu apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial” e tamén contempla “unha nova convocatoria de axudas para a conservación do entorno paisaxístico e dos viñedos da Ribeira Sacra para o que a Consellería de Medio Rural xa avanzou en Sober que reserva 1,5M€”.

Nos ámbitos de medio rural e medio ambiente, os Orzamentos da Xunta para o 2026 contemplan fondos para o Plan Camiña Rural ao que se estima dirixir máis de 4,5M€ na provincia, o reforzo do apoio ás labores de xestión da biomasa, o servizo de matadoiro móbil para o que se dirixe preto de 1M€, apoios directos ao sector agrogandeiro e partida para a conservación das frondosas na Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel.

As contas presentadas polo Goberno galego recollen achegas directas de preto de 900.000€ para a mellora da eficiencia enerxética no Xulgado de Monforte, 800.000€ para a mellora do saneamento de Pantón, 500.000€ para a mellora do IES A Pinguela de Monforte, melloras tamén na UAF e impulso ao Polo de Emprego de Monforte.

Segundo os populares, orzamentos da Xunta para o 2026 tamén contemplan melloras no equipamento do hospital e nos centros de Atención Primaria, ademais do incremento das retribucións e mellora das condicións laborais do persoal do ámbito sanitario; do sistema educativo e do servizo contra incendios.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...