HomeOpiniónDiario da desescalada: O son alegre da fase 1

Diario da desescalada: O son alegre da fase 1

Había máis coches! Bulía a xente nas airas! Vin unha perruquería improvisada baixo dunha pendella! Había, tamén, máscaras de xente precavida que tiña ganas de reencontrarse cos seus pero que temía levarlles o bicho. “Non te me achegues!”, dicía un parente seguidiño. “Aló en Lugo non é coma aquí, aló hai máis xente. E non se sabe quen o ten”.

Publicado o

POR
Silvia López
- Advertisement -

Esta mañá cadroume ver un vídeo no que dicían que nestes tempos de pandemia xa non se sentían tantos coches circular polos camiños da aldea. En cambio, os tractores pasaban coma antes. É certo. Por aquí todo segue igual (menos algunhas cousas). Canda a fase 1 da desescalada tamén veu o tempo de ensilar. O sol quenta no bico do ceo e a maquinaria roxe ata entrada a noite. Segue o Diario da desescalada no Lugo Xonal.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora Diario de desescalada— que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de novembro os seus premios

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 11 anos de traxectoria impulsando...