InicioOpiniónPonme a penúltima

Ponme a penúltima

Cómpre lembrar tamén que o peche da hostalería non afecta só a propietarios e clientes. Os distribuidores de bebidas e comidas tamén ven reducida ao mínimo a súa actividade. No caso da Ribeira Sacra, con preto de 100 adegas a meirande parte das cales venden na chamada canle HORECA (acrónimo de HOteis, REstaurantes e CAfeterías) a desfeita é aínda máis grave.

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

O pasado sábado 7 de novembro asistín en Chantada a unha protesta que organizou a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL). Trátabase de facer ver o malestar do sector hostaleiro tanto polos peches e restricións que lles impoñen como pola tardanza de medidas para paliar os efectos deses peches e restricións. Eu non son hostaleiro pero teño moitos amigos no gremio e teño pasado moitas horas da miña vida nos seus locais. Eses foron algúns dos motivos polos que sentín o deber de acudir apoialos nas súas demandas.

O acto, moi breve, transcurriu con normalidade e aplicando todas as medidas sanitarias que a normativa e o sentido común obrigan: distancia de seguridade, uso de máscaras e hidroxel a disposición dos asistentes.

En España tan só o 3,5% dos focos de contaxio do coronavirus tiveron lugar en locais de hostalería. E a meirande parte deles foron ao comezo do verán. Xa en Galicia, os que se detectaron con posterioridade, tanto en bares de Lugo como de Lalín, producíronse en locais que incumprían tanto os horarios de peche como as medidas de seguridade obrigatorias. Festas ata altas horas sen máscaras, sen ventilación, sen desinfección e todos agarrados cantando os éxitos de moda. É decir, mantendo por parte dos propietarios un comportamento moi diferente ao do 99,9% dos hostaleiros.

Cardenal Monforte desescalada / XdL

Por outra banda, as medidas de hixiene que podemos ver en hoteis, bares, restaurantes e cafeterías son moito máis intensas que as que se ven en calquera outro negocio. Desinfección inmediata en canto unha mesa queda libre, hidroxel cada poucos metros, cintas de advertencia para separar espazos, redución estricta dos aforos no interior e terrazas, uso continuo da máscara por parte do persoal… Todo se leva con extremo rigor por solidariedade, por saúde e porque a pervivencia do negocio tamén depende diso. Caso contrario son, por exemplo, os caixeiros automáticos polos que pasa moita xente sen que se lles aplique unha triste fregona en seco. Ou os supermercados, onde non hai ningún límite á entrada de público. 

Cómpre lembrar tamén que o peche da hostalería non afecta só a propietarios e clientes. Os distribuidores de bebidas e comidas tamén ven reducida ao mínimo a súa actividade. No caso da Ribeira Sacra, con preto de 100 adegas a meirande parte das cales venden na chamada canle HORECA (acrónimo de HOteis, REstaurantes e CAfeterías) a desfeita é aínda máis grave.

CCA Chantada / tabladeflandes.com

Antes do chamado “toque de queda”, nalgúns lugares, sobre todo nas cidades, a mocidade optou por reunirse nos pisos ou en espazos públicos como parques para facer festas ao non poder reunirse nos locais de hostalería, que cumprían cunhas normativas que non semellan estar vixentes nos pisos. E desas festas sairon a meirande parte dos contaxios, como recoñeceu a propia Xunta de Galicia. Na terceira semana de outubro denunciáronse 30 desas festas só en Santiago de Compostela. E as que quedarían sen denunciar.

Pequenos negocios familiares que se vexan abocados ao peche definitivo

Pero, voltando á hostalería, non está de máis lembrar que os establecementos pechados seguen pagando a súa cota de autónomos, o seu recibo da luz e, a maioría deles, o alugueiro do local en que traballan. E todo iso sen ter ingresos.

En resumo. Uns negocios onde apenas se produciron contaxios e os que se produciron foi xa hai tempo, que cumpren con todos os requisitos de seguridade sanitaria, que respectan escrupulosamente os horarios leoninos que lles impoñen e que aportan o 6,2% do PIB español cunha facturación anual de 123.000 millóns de euros (antes da pandemia, claro) teñen que pechar.

Cidade de Sarria/alberguescaminodesantiago.com

Poderase decir que se estiveran abertos habería máis contaxios. Claro que se poderá dicir!! Todo o que non se pode demostrar con cifras é fácil de dicir. Outra cousa é a realidade. Tamén se poderá dicir que non son un servizo esencial. Efectivamente. Como tampouco o son as mercerías, os estancos ou as tendas de bisutería. Pero só se pechan os bares.

A parte boa para os hostaleiros é que como están entregados a solucionar o grave problema que teñen que afrontar, non lles queda tempo para ler nas redes sociais os comentarios dos adalides da cultura e a sanidade. Os que repiten a cumbia de que somos un país de pandereita e que os bares son sitios de incultura, vagancia e malvivir. Que raro que teñan tempo para andar nas redes cando, á vista dos seus comentarios, están todo o día lendo a Espriú ou a Ortega y Gasset.

E outra aparente boa noticia está no anuncio de axudas financieiras para os negocios de hostalería por parte da administración autonómica. Veremos.

Como última reflexión non quero deixar unha mensaxe desas de autoaxuda asegurando que desta sairemos máis fortes, máis unidos e mellores. Porque iso, igual que o freo dos contaxios pechando a hostalería, tampouco está demostrado. O que si me preocupa é a posibilidade de que os pequenos negocios familiares que se vexan abocados ao peche definitivo e que están a desenvolver un turismo e unha hostalería de altísima calidade acaben caendo nas peores mans cando todo isto remate.

Campaña comercio local / CCU

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...