InicioOpiniónOPINIÓN: "Estase atentando contra os nosos dereitos na loita contra a Covid?"

OPINIÓN: “Estase atentando contra os nosos dereitos na loita contra a Covid?”

"Corremos o risco de estar ao comezo dun xenocidio? no que ninguén quere verse inmerso e cuxos efectos son inimaxinables, como se di coloquialmente, sabemos como empezamos pero non sabemos como acabaremos."

Publicado o

POR
Manuel Díaz
- Advertisement -

Na primeira entrega remataba facendo referencia a que o colectivo que pon en marcha esta iniciativa cre que coa vacinación frente a Covid e a declaración do estado de alarma púidose incurrir en prevariación e fraude de lei.

Ao referirse á Lei 8/2008 do 10 de xullo 2020 sinalan, “sobre os lugares destinados ao internamento de persoas, polas causas que sexa que se considere nesta lei, non é posible privar ás persoas das súas liberdades inalienables e para ese efecto aclaramos:

O artigo 15 da Constitución Española: Todos teñen dereito á vida e á integridade física e moral, sen que, en ningún caso, poidan ser sometidos a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes… Durante o tempo que dure o estado de alarma, non se suspende ningún dereito fundamental. Só limítase a liberdade de circulación en horas e zonas concretas. O Goberno informará ó Congreso das medidas tomadas coa consecuente responsabilidade das súas accións.

Comprobamos entón que xamais se poderá impedir a libre circulación de persoas salvo en determinadas horas. Aquí estamos ante outro atentado contra os dereitos da cidadanía e unha violación máis da Constitución. Neste punto facemo mención das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que non poden cumprir as normas ou leis que sexan inconstitucionais ou que contraveñan normas ou leis de rango superior, aínda cando lles sexa ordenado, debendo respectar a Constitución como norma xeral e prevalecendo os dereitos da cidadanía.”

ceijastojka.org

Con estes antecedentes, no escrito que este colectivo espera sexa respaldado por todas as persoas interesadas, conclúen “a declaración do Estado de Alarma no Real Decreto 926/2020 é ilegal ao ser feita por un prazo non contemplado na Constitución. Por iso todas as Institucións Públicas que adopten medida algunha están á marxe da Lei. E se ademais fano como no caso da Lei 8/2008 do 10 de xullo 2020 aprobada 9 de decembro de 2020 polo parlamento galego incórrese en dobre falta, por unha banda realízase fóra do amparo da Constitución ao apoiarse nun Real Decreto nulo e ilegal e por outro se pretende realizar a posible execución dun plan que atenta primeiro, a leis nacionais e internacionais, e segundo, a todo sentido común.

ARN MENSAXEIRO

Este colectivo sostén que as vacinas utilizan ADN ou ARN modificados, na medida que sexa, e que nalgún caso é denominado “ARN mensaxeiro”, o que os leva a afirmar que de ser así a vacina contra a Covid, trátase de intervención sobre os xenes do ser humano e hai que atender, por exemplo, á seguinte consideración legal:

Na Declaración Universal sobre o Xenoma Humano e Dereito Humanos (UNESCO), do 11 de novembro de 1997, o artigo 24 cualifica as intervencións na liña germinal como “contrarias á natureza” e na Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Xeracións Futuras (UNESCO), do 26 de febreiro de 1994, o seu artigo 3 dispón expresamente que “as persoas que pertencen ás xeracións futuras teñen dereito á vida e preservación da especie humana e prohíbese causar dano á vida en particular con actos que comprometan de forma irreversible a preservación da especie humana, o xenoma e a herdanza xenética”.

O escrito que viñen explicando entre o luns e hoxe e que nesta semana poderemos descargar aquí, remata así: “Nos últimos días estamos a asistir a noticias nos medios de comunicación que nos informan sobre novos brotes e falecidos entre persoas que xa recibiron a 2a dose da vacina da Covid-19. Por tanto aqueles dirixentes que incentiven e/ou obriguen á administración da mesma aos cidadáns terán a dubidosa honra de ser os responsables de enfermos e mortes en masa. Así mesmo, vendo que en numerosísimos casos certas persoas caen enfermas de Covid-19 unha vez reciben as doses de vacina e moitos deles falecen, por prudencia aínda que só sexa, deberíase valorar o relacionar a vacinación coas devanditas mortes. Corremos o risco de estar ao comezo dun xenocidio? no que ninguén quere verse inmerso e cuxos efectos son inimaxinables, como se di coloquialmente “sabemos como empezamos pero non sabemos como acabaremos.”

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...