HomePolíticaCaras novas do sur de Lugo na Cámara alta

Caras novas do sur de Lugo na Cámara alta

Chantada e Quiroga aportan senador e senadora, respectivamente, á política feita dende Madrid.

Publicado o

- Advertisement -

Tras as eleccións deste pasado domingo, 28 de abril, doce dos 16 senadores galegos que hai en Madrid estrearanse na Cámara alta.

No que respecta ao sur de Lugo, as dúas caras novas que irán a Madrid representando ao PP son Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela. O senador restante, e primeiro na lista, será José Manuel Barreiro que renovará a súa acta para a nova lexislatura.

Rosa Arza -Quiroga, 1988- é actualmente Presidenta de Novas Xeracións na provincia de Lugo e dende 2016 exerce como Concelleira de Mocidade e Turismo no Concello de Quiroga.

Manuel Lorenzo Varela -Chantada, 1950- é o actual alcalde de Chantada co partido Independentes Terra do Asma (INTA). Abandonou o PP en 2007 para crear esta formación política e agora, tras volver ao partido este ano, non só logra a súa acta como senador, senón que encabezará a candidatura do PP en Chantada para as próximas municipais.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...