HomeTerra de LemosMonforteO BNG de Vigo e o de Monforte colisionan nas peticións para...

O BNG de Vigo e o de Monforte colisionan nas peticións para negociar co PSOE nas deputacións de Lugo e Pontevedra

Mentres o BNG de Vigo condiciona a súa entrada na Deputación de Pontevedra a ter grupo propio no concello, o de Monforte considera que pedirlle iso ao PSOE nas negociacións da Deputación de Lugo é unha “chantaxe”, “actitude mafiosa” e “caciquismo electoral”.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG mantén posturas diferentes, e mesmo enfrontadas, sobre as súas reclamacións á hora de negociar co PSdeG para entrar nas deputacións provinciais.

Por unha banda, o concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, advertiu de que un impedimento do PSOE para crear o seu grupo municipal nesta cidade fará “moi difícil” que se alcance un acordo entre ambas as formacións na Deputación de Pontevedra. E, pola outra, o Consello Local do BNG en Monforte considera que pedirlle iso ao alcalde desa localidade, José Tomé –futuro presidente da Deputación de Lugo–, nas negocicións para entrar nesta institución, é unha “chantaxe”, “actitude mafiosa” e “caciquismo electoral”. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...