InicioPolíticaClaudio Garrido non ve viable gobernar Sarria sen dedicación exclusiva

Claudio Garrido non ve viable gobernar Sarria sen dedicación exclusiva

Esta afirmación do alcalde chega despois de que os grupos da oposición municipal -formada por PP, PSdeG e BNG- tombasen a proposta de retribucións que levou a pleno para el e para parte do seu equipo de goberno.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Claudio Garrido, recoñeceu que é “moi difícil” que poida gobernar o Concello sen dedicarse de maneira exclusiva á xestión municipal. En declaracións a esta axencia, Garrido lembrou que el é “funcionario da Xunta do grupo A”, polo que considera razoable ter un soldo como alcalde ao nivel do que percibe na actualidade polo seu traballo e non “ir ao Concello por menos diñeiro”.

Garrido considera que continuar como ata agora durante todo o mandato é “difícil” de asumir, porque “compaxinar o seu traballo coa Alcaldía dun municipio coas dimensións e o número de habitantes de Sarria é complicado”. Insiste en que compaxinar as dúas dedicacións, o seu traballo de oficina de mañá coa xestión do consistorio impide un goberno en boas condicións, pero aceptará que sexa así se a maioría do pleno así o decide. “Os veciños terán que afacerse a vir falar co alcalde polas tardes”, engadiu Garrido.

Ao gobernar en minoría considera que o sucedido cos soldos forma parte da estratexia política dos partidos que agora mesmo están na oposición, precisamente para forzar unha negociación ou mesmo para provocar a formación dun goberno de coalición. A ese respecto, asegurou que o seu grupo “está de acordo en buscar unha estabilidade para o goberno local”.

Para alcanzar esta estabilidade, o actual alcalde preocupouse en lembrar que  esta deberá chegar despois de analizar “cal é a situación real” do Concello de Sarria, porque nalgúns aspectos “a xestión deixou moito que desexar”. Malia todo, Claudio Garrido non perde a esperanza de que a proposta para establecer os salarios no goberno local saia adiante “no vindeiro pleno”.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...