InicioPolíticaSen depuradora en Monforte por culpa de Tomé?

Sen depuradora en Monforte por culpa de Tomé?

Segundo o PP, o alcalde de Monforte mentiu no pleno de xullo cando dixo que non se podían destinar a Monforte os fondos previstos para Santiago, "porque a obra ía ser executada e non fixo as xestións necesarias".

Publicado o

- Advertisement -

O abastecemento de auga potable e o tratamento das augas residuais son competencias municipais. No caso de Monforte de Lemos, segundo o estudo efectuado por Augas de Galicia no 2008, a depuradora de augas residuais (EDAR) presenta unha serie de deficiencias que esixen a súa substitución: carece de sistema de desengraxado, a decantación secundaria é deficiente, falta a eliminación de nutrientes, etcétera.

Por este motivo, o grupo municipal popular defendeu, no pleno celebrado pola corporación municipal o pasado 23 de xullo, unha moción para instar ao goberno municipal a reclamar do Goberno central os recursos necesarios para dotar a Monforte dunha nova planta depuradora de augas residuais. Os populares propuxeron que se demandase do Goberno central destinar a Monforte fondos europeos (Feder), concretamente todo ou parte dos previstos para a EDAR proxectada en Santiago de Compostela, que, xa entón, era sabido que non ía ser executada.

Nestes días a voceira popular de Monforte mantivo unha reunión coa conselleira Ethel Vázquez, para abordar este asunto. A titular de Infraestruturas puxo de manifesto que o Ministerio desatendeu, no que atinxe a Monforte, a recente solicitude de Augas de Galicia para destinar fondos Feder para a nova depuradora. Segundo os populares, na resposta do Ministerio “queda claro que non se pensa atender por esta vía a evidente e urxente necesidade que ten a cidade do Cabe de dispoñer dunha nova estación depuradora de augas residuais”.

A portavoz do PP sinala: «Está claro que é o que pasa. O que pasa é que o alcalde, o socialista José Tomé, non se atreve a reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez que faga o que ten que facer, que é destinar a Monforte os fondos Feder previstos para a depuradora de augas residuais de Santiago, que non se levou a cabo. Está claro que mentiu no pleno de xullo e tamén que non fixo xestión algunha para conseguir eses cartos».

Katy Varela declara: «Monforte necesita unha nova depuradora de augas residuais, porque a que está operativa hai tempo que non serve. Na actual situación pode ocorrer que haxa accidentes medioambientais graves, que, ademais do que poidan supoñer, seguramente terán  consecuencias sancionadoras para o Concello. O alcalde ten que saír da súa zona de confort e poñerse a traballar. Monforte xa non pode agardar máis pola nova depuradora de augas residuais; a Xunta reclamou fondos ao ministerio, o que non fixo o alcalde».

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...