InicioPolítica"Monforte merece respecto", dille Tomé á Xunta sobre a estación de autobuses

“Monforte merece respecto”, dille Tomé á Xunta sobre a estación de autobuses

O equipo de goberno levará ao próximo Pleno unha moción para que a Xunta de Galicia volva á situación anterior, para que se poidan expedir billetes os sete días da semana, na estación de autobuses de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia comunicaba a pasada semana o peche da estación de autobuses de Monforte durante as fins de semana. Para o alcalde, José Tomé, a situación da estación é de abandono e precariedade “O Concello de Monforte denuncia este novo recorte de servizos públicos aos que nos ten acostumados a Xunta de Galicia, cando o compromiso do Presidente Feijoo era que esta ía ser a lexislatura do rural. Os feitos demostran xustamente o contrario, o desmantelamento dos servizos públicos no rural, facendo cada día máis difícil que as persoas que viven no interior de Galicia teñan cada vez máis dificultades para desenvolver a súa vida diaria”.

Para tratar de reverter esta situación, sinalou o Alcalde, “levaremos ó próximo Pleno unha moción para que a Xunta de Galicia volva á situación anterior, para que se poidan expedir billetes os sete días da semana, dado que isto xenera un gran prexuicio ó conxunto dos cidadáns, pero dun xeito moi especial, ós estudantes que teñen que desprazarse ata outras cidades para poder chegar ós seus centros de estudo”. Do mesmo xeito, salientou que “tamén trasladaremos este asunto ó grupo provincial da Deputación de Lugo e ó grupo parlamentario socialista no Parlamento Galego, para que presenten iniciativas no mesmo sentido”.

O Alcalde aludiu tamén a que a escusa esgrimida pola Xunta de que hai pouco tránsito de viaxeiros non é válida, “porque os servizos establecidos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade non son os axeitados. Dende o Concello de Monforte, fixémoslle chegar á Xunta de Galicia propostas de itinerarios de transporte que uniran Monforte con Lugo, Ourense e Santiago en frecuencias e horarios útiles para os cidadáns, facendo caso omiso ata chegar a esta situación”, indicou o mandatario local.

Finalmente o rexedor municipal salientou que o “Goberno de Monforte non vai quedar calado diante destes recortes que prexudican claramente ós monfortinos e esixiremos que cumpran co compromiso de inversión para a mellora da Estación, e polo tanto do transporte en autobús. Este é un episodio máis do lamentable resultado que levou a cabo a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade coa elaboración do Plan de Transporte de Galicia. Monforte merece un respecto e así llo imos esixir á Xunta”.

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...