InicioPolíticaO Concello de Monforte vai mellorar a imaxe da zona monumental da...

O Concello de Monforte vai mellorar a imaxe da zona monumental da cidade

Publicado o

- Advertisement -

A rúa Santo Domingo de Monforte terá un novo firme en agosto. Os traballos van consistir na colocación dun novo pavimento de pedra granítica de 10 centímetros de espesor. Unha vez rematado este paso, vaise proceder ó realce de tapas dos pozos, arquetas, sumidoiros ata o novo nivel do pavimento.

As empresas privadas que queiran optar a estes traballos que teñen unha duración estimada de 2 meses, poden presentar a súa proposta ata o vindeiro 17 de xullo. A mesa de contratación está prevista para o día 26 de xullo.

A rúa Santo Domingo ten un emprezamento estratéxico do casco histórico pois comunica parte alta da Praza de España coa igrexa da Régoa, ca porta da Alcazaba, e conduce cara o Campo da Virxe e hacia o conxunto monumental de San Vicente.

O alcalde, José Tomé Roca declara que, “un dos obxectivos deste Equipo de Goberno era realizar unha mellora integral nas rúas, tanto no rural como no urbano, pero a maiores, era preciso renovar as rúas do casco histórico, como xa fixemos coa rúa do Conde. De feito, a previsión de cara ó vindeiro mandato, se os cidadáns volven darnos a súa confianza, é actuar na Rúa Santa Clara“.

 

 

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...