InicioPolíticaIdeas para activar o comercio local dende o BNG de Chantada

Ideas para activar o comercio local dende o BNG de Chantada

A formación nacionalista propón a creación dunha plataforma de venda online e que o concello comece unha campaña para promover as compras na vila.

Publicado o

- Advertisement -

Os nacionalistas chantadinos están convencidos de que a crise do COVID19 non só vai ter consecuencias sanitarias senon tamén de carácter económico. Cren que o peor está por vir e suxiren aos gobernos que farían ben en preocuparse de “estar máis preparados para afrontalos do que o estiveron para previr unha crise que tanto afecta ás nosas vidas”.

Neste contexto, e sempre preocupados por impulsar o comercio local, propoñen que o goberno municipal, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Chantada, cren unha plataforma de venda online fornecendo a axuda técnica necesaria para que este poida ser competitivo en todos os ámbitos nun mercado cada vez máis global no que non se pode quedar un atrás.

Ao mesmo tempo pídenlle ao concello que inicie unha campaña para promocionar a compra na vila, convocando ás asociacións e organizacións sociais de todo tipo, para colaborar na recuperación da economía local.  “Estamos ante unha crise que non só é cousa de comerciantes e autónomos, senón que nos vai arrastrar a todas e todos e o concello debe implicarse de cheo na axuda e promoción tanto do comercio como do produto local”, engaden.

ÚLTIMAS

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...