HomePolíticaCaballero e Tomé piden a Feijóo adiar as eleccións na Mariña

Caballero e Tomé piden a Feijóo adiar as eleccións na Mariña

O candidato socialista, Gonzalo Caballero, que visitaba este mércores Monforte, acompañado polo alcalde e presidente da Deputación, José Tomé, referiuse na cidade do Cabe á reactivación do voto progresista e á súa candidatura como a forza política na que os cidadáns poden confiar para o relevo. Este xoves o candidato socialistas pedía o aprazamento das eleccións autonómicas deste domingo, día 12 de xullo, na zona da Mariña. O mesmo fixo o seu compañeiro de partido e presidente da Deputación, José Tomé.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, considera que a mellor opción é adiar os comicios na comarca mariñá. Así llo trasladou ao presidente da Xunta a través dunha carta na que subliñou que “non se dan as garantías sanitarias suficientes” para poder votar “en liberdade, en igualdade e con seguridade para a saúde”.

Nun escrito con data do 9 de xullo, Tomé mostra a súa “fonda preocupación” ante o aumento de casos na Mariña, nunha situación que “pode coartar a vontade de participar nun proceso democrático”. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...