HomePolíticaOs socialistas de Chantada contra o "maltrato contínuo dos servizos educativos no...

Os socialistas de Chantada contra o “maltrato contínuo dos servizos educativos no concello”

Un grupo de nais e pais do IES Lama das Quendas lanzan unha campaña de recollida de firmas “ante a decisión da Xunta de Galicia de recortar profesorado no IES Lama das Quendas”, un xeito co que pretenden amosar a total desconformidade e rexeitamento ante tal decisión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES Lama das Quendas perdeu 7 docentes respecto ó curso pasado, ós que ademais se suman os 3 que perderan o curso anterior. Un feito que molesta ós pais e nais e tamén á comunidade docente, que non entende tal decisión en plena pandemia. “Cremos que no rural tamén temos dereito á calidade educativa e ós mesmos servizos cás mozas e mozos das cidades”, recolle o escrito.

Precisamente respecto ó recorte de docentes para o curso 2021-2022 o grupo parlamentario socialista presentou unha proposición non de lei para que, cando menos, se mantivera o mesmo número de docentes que no curso anterior. Unha perda nos servizos educativos que se suma á FP Dual de Administración de Empresas, que xa non se ofertará na vila do Asma. Quedando ese instituto coa oferta do Ciclo de grao profesional básico de “Informática de Oficina” e o de “Mantemento de vehículos”. Na oferta de FP de grao medio, mantense o de “Electromecánica de vehículos automóbiles”, mentres que no grao superior só sobrevive o de “Administración e finanzas”.

Dende o PSdeG-PSOE de Chantada insisten en que “apostar pola formación é un piar fundamental para o futuro de calquera vila”. Porén, “en Chantada asistimos a un goteo contínuo de perdas en canto ós servizos educativos que ofrecemos no noso concello”, recalcan os socialistas.

ÚLTIMAS

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...

Samos acolleu a cuarta edición das Xornadas sobre actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña

A alcaldesa de Samos, Chus López, e a presidenta da SGPF, Isabel Gómez, abriron...

O CCU de Monforte sen candidaturas para renovar a Xunta Directiva

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos vén de comunicar que, rematado...