HomePolíticaO PP reclama ao Goberno de Pedro Sánchez a conexión do Porto...

O PP reclama ao Goberno de Pedro Sánchez a conexión do Porto Seco coa N-120

O deputado do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro reclama ao Goberno que preside o socialista Pedro Sánchez o “desbloqueo” da nova vía que permitirá conectar o Porto Seco de Monforte de Lemos coa estrada Nacional 120.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A petición chega a través dunha emenda formada polo PPdeG a unha iniciativa do PSOE que será obxecto de debate e votación este xoves na Comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia.

O deputado popular explica que ata tres informes distintos emitidos pola Administración do Estado obstaculizan a execución deste novo viario. Pola súa banda a Xunta ten vontade de executar estas obras e incluso dispón de consignación orzamentaria vixente para facelas realidade: 750.000 euros para o ano en curso.

Esta conexión resulta fundamental para que o Porto Seco de Monforte  sirva como infraestrutura estratéxica capaz de atraer novas empresas e xerar novas oportunidades de emprego na comarca, un aspecto clave para contribuír á reactivación económica e no que Balseiro agarda exista coincidencia por parte de todas as forzas políticas.

A Xunta leva investido nesta plataforma máis de 20 millóns de euros. Un investimento que se corresponde cos traballos técnicos necesarios, a adquisición dos terreos, a súa urbanización e a construción do subtramo Porto Seco – LU-933.

Segundo Balseiro, “a tenor das cifras indicadas é manifesta a aposta do Goberno galego co desenvolvemento desta infraestrutura loxística, e que claramente contrasta co boicot do Goberno central, e coa pequena ou nula aportación do Concello e da Deputación provincial”. Con todo ao deputado popular non lle sorprende a parálise na que se atopa as infraestruturas dependentes do Goberno central no sur de Lugo.

“Da A-72, Monforte-Chantada, nada se sabe e a A-56 Lugo-Ourense avanza a paso de tartaruga. E a  construción da A-76 (Ponferrada-Monforte-Ourense) é outra das razóns esgrimidas polo Goberno central para torpedear a execución por parte da Xunta da conexión do Porto Seco coa N-120, pero a realidade é que a día de hoxe ningún tramo desta autovía está as obras licitadas”.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...