InicioPolítica"Xa vimos o compromiso de Madrid con Monforte", sinalan os populares

“Xa vimos o compromiso de Madrid con Monforte”, sinalan os populares

Raquel Arias censura que o alcalde de Monforte critique a implicación do Goberno galego con esta zona, xa que “están contemplados todos os proxectos, a diferenza, di, do Goberno Central, que ten pechados no Moncloa a A-76 e a A-56, por exemplo”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada autonómica, Raquel Arias, tras ter coñecemento do proxecto de contas aprobado polo executivo que preside Alberto Núñez Feijóo, subliña que os orzamentos avanzan na mellora de infraestruturas e servizos sanitarios da zona sur.

Arias subliña que as contas para a vindeira anualidade son realistas, dan continuidade aos compromisos coa provincia, avanzan cara a recuperación económica e céntranse na atención ás persoas. Estes orzamentos son os máis elevados da historia de Galicia (11.627M€), reforzan os investimentos (2.554 M€) e recollen tamén o maior gasto social da historia: 8.660 M€ para a sanidade pública, o ensino, as políticas sociais e o emprego.

A popular tamén incide en que “o Goberno galego, ademais de continuar a financiar os servizos educativos e sanitarios, recolle unha rebaixa de impostos aos galegos. “Coa dotación de fondos, a Xunta dá un impulso determinante para levar a cabo distintas infraestruturas que redundarán no impulso económico e social da zona sur da provincia de Lugo; así coma na mellora de servizos aos nosos veciños”, sinala a popular.

Os orzamentos aprobados pola Xunta para o 2022 recollen máis de 700.000 euros para a licitación do proxecto do Plan Director do Hospital de Monforte que prevé unha remodelación integral do centro hospitalario onde tamén se realizarán obras de mellora no firme de acceso e se renovará un TAC. O goberno galego tamén dispón dunha partida de máis de 4 millóns de euros para reformas e melloras de centros de saúde da rede galega; ademais de 1,5 millóns para a renovación dos seus equipamentos.

En materia de infraestruturas, a Xunta prevé o acondicionamento da LU-651, en Folgoso do Courel, para o que reserva 1,5 millóns de euros para a vindeira anualidade que se incrementarán nos vindeiros anos ata completar os 9,5 millóns de euros de investimento para dar resposta a unha importante demanda da zona. Os concellos da zona sur correspondentes ás comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga veranse beneficiadas de máis de 9,4 millóns de euros de investimento directo correspondente ás partidas territorializadas.

Atrevemento” de Tomé

“Chama a atención que Tomé cuestione as contas da Xunta e, nomeadamente, ao compañeiro Francisco Conde, cando xa vimos o resultado do compromiso de Madrid co seu Concello e coa nosa comarca. Para as principais infraestruturas 0 euros e, ante este resultado, o señor Tomé e os seus compañeiros da provincia deron a calada por resposta”. Por este motivo, Raquel Arias convida ao rexedor a “pensar e a analizar antes o que di porque criticar sempre á Xunta só porque estea gobernada polo Partido Popular non sempre é o máis acertado nin politicamente, nin dende o punto de vista institucional”.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...