InicioPolíticaPontón propón en Sarria que industria e gandeiros senten na mesma mesa

Pontón propón en Sarria que industria e gandeiros senten na mesma mesa

A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou este xoves unha explotación láctea en Sarria nun momento de caída dos prezos do leite que coincide cun incremento dos custes de produción, poñendo en risco un sector que é fundamental para a economía e para a preservación do medio rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A líder do Bloque identificou tres graves ameazas para a viabilidade de moitas explotacións: os baixos prezos que a industria está pagando aos gandeiros e gandeiras, o incrementos dos custes de produción e a práctica das cadeas de distribución de vender a perdas utilizando o leite como produto reclamo. “Estas tres ameazas son unha tormenta perfecta que pon en apuros a moitas explotacións lácteas”, indicou.

Ante esta situación, destacou, o Goberno de Feijóo non pode mirar para outro lado senón que debe aportar solucións e avanzou catro propostas do Bloque:

  • Convocar á industria e a produtores e produtoras, “sentalos na mesma mesa” e conducir a negociación que permita poñer fin a caída de prezos, “porque non pode ser que teñamos o mellor leite do Estado, pero cos prezos máis baixos, unha inxustiza a que hai que poñer fin”, alegou. Para iso, urxe “transparentar” os prezos do leite e garantir que non van estar por debaixo do que custa producir. “A que espera á Xunta?”, interpelou.
  • Que o Goberno de Feijóo actúe sobre as cadeas de distribución alimentaria e faga cumprir a lei que impide a práctica de usar o leite como produto reclamo tirando prezos.
  • Mobilización de terras para ampliar a superficie das explotacións agrogandeiras, en concreto fixa como obxectivo mobilizar 100.000 hectáreas de superficie agraria útil de aquí ao 2030, o que tamén permitiría que o sector tivese máis axudas da PAC, pois o factor da extensión da explotación xoga a favor.
  • Mellorar a competitividade das explotacións a través da investigación e da eficiencia enerxética. Non ten sentido que o rural sume 4.500 aeroxeneradores, sen recibir ningún beneficio sobre a factura da luz, indicou, que cada vez é máis cara mentres o lobby eléctrico engorda beneficios.  A tarifa eléctrica galega é unha medida que permitiría abaratar custes nun País rico en electricidade.

Desde que Feijóo goberna, asegura Pontón que pecharon a metade das explotacións lácteas, “Un balance desastroso que irá a peor se Feijóo segue cruzado de brazos, cando debería traballar para reverter esta situación porque temos a obriga de darlle futuro ao rural, pero para iso o Goberno ten que tomar as rendas e deixar de tirar balóns fora”, concluíu.

Visita ao Club Baloncesto Sarria

Pontón visitaou tamén o Club de Baloncesto Sarria, onde ela mesma xogou como pivot, o que lle permitirá intercambiar opinións coas actuais xogadoras. “O deporte de base é moi importante, e hai que animar nesa dirección, porque o deporte é unha vía de desenvolvemento persoal pero tamén para avanzar na igualdade das mulleres”, indicou.

Ana Pontón visitando ao Club Baloncesto Sarria. Foto: A.P.

Preguntada polo feito de que o seu primeiro acto tras a asemblea nacional sexa en Sarria, a súa vila natal, Pontón indicou que debe ser “unha desas causalidades do destino que sexa aquí e que sexa no rural, eu tamén medrei nunha explotación gandeira, sei o cariño e o esforzo que hai detrás de cada explotación e, desde logo, estou moi orgullosa das miñas raíces”, confesou.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...