HomePolíticaOs socialistas de Pantón denuncian que o 22 de marzo só atendía...

Os socialistas de Pantón denuncian que o 22 de marzo só atendía no centro médico un facultativo

“Non podemos consentir que haxa un só medico para atender a preto de 2.500 veciños e veciñas. Non se pode vivir do conto e dos anuncios mediáticos anunciando que hai tres médicos no centro de saúde, e despois comprobamos que lamentablemente só hai un”, aseguran os socialistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación Socialista de Pantón denuncia incumprimentos do PP e do Alcalde en relación ás novas prazas de médico no centro de saúde. Aseguran que o comprobaron o pasado de 22 de marzo cando só estaba exercendo un facultativo no centro médico. “Demandamos á Conselleira de Sanidade e ao Alcalde unha solución para que se cubra a praza e non seguir desatendidos”, sinalan.

A Agrupación Socialista amosa a súa preocupación “por estes recortes que nos parecen gravísimos”, e tamén porque unha vez máis “comprobamos que non se cumpren as promesas realizadas tanto pola Conselleira de Sanidade como pola propia Alcaldía, nas que remarcaron que se ían manter as tres prazas de médico asignadas en Pantón”, insisten.

“Un concello como o noso non pode permitirse o luxo de prescindir dun médico, e cada día que falte un sanitario imos a denuncialo publicamente para que se atendan as nosas demandas. É de xustiza”, din os socialistas.

Pola súa banda o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, asegura que no centro de saúde prestan servizo 3 facultativos os martes e xoves e dous o resto de días da semana, “Neste caso estaba un dos facultativos de vacacións, remata as vacacións e xa se incorpora”.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...