InicioPolíticaOs populares demandan máis seguridade e melloras en dúas estradas provinciais de...

Os populares demandan máis seguridade e melloras en dúas estradas provinciais de Samos

O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, recorreu as estradas provinciais do concello de Samos, a petición do portavoz do portavoz municipal do PP e deputado provincial, José Fernández, "e temos que denunciar moitas deficiencias, tanto na sinalización, como pola falta de elementos de seguridade e o mal estado do pavimento nalgúns tramos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o PP aseguran que son moitas as estradas da rede da Deputación Provincial que están en mal estado e teñen unha sinalización escasa e deficiente.

Castiñeira explica: “En Aira Padrón, nun cruce importante de estradas provinciais neste concello, a sinalización está totalmente borrada, ou emborronada, de tal maneira que é imposible saber que é o que indica. Leva tempo así e os veciños demandan que se corrixa o antes posible. Este mesmo problema dáse en numerosos puntos da rede de estradas provinciais no concello de Samos”.

A falta de medidas de seguridade para evitar saídas de vía en puntos especialmente perigosos é unha carencia xeralizada na rede de estradas provinciais. O portavoz popular explica: “No caso da LU-P 5603, que vai de Samos ao Courel, os veciños piden a instalación de garda-raíis, biondas, nos bordes da estrada, alí onde hai grandes desniveis, especialmente onde é frecuente que en inverno haxa xeo”. Os veciños tamén piden que se remate a pavimentación en aglomerado en quente, como xa ten unha parte desta vía

Con respecto á LU-P 5601, os veciños de Samos demandan que, entre Chelo e a Cruz de San Xoán, esta estrada sexa pavimentada con aglomerado en quente. O actual pavimento está en mal estado, pese a que recentemente se taparon algunhas fochancas. Castiñeira anuncia que no próximo pleno os populares solicitarán que a Deputación repare as deficiencias indicadas nas citadas vías.

ÚLTIMAS

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...