HomePolíticaAlbergues adaptados para o Camiño Francés en Sarria

Albergues adaptados para o Camiño Francés en Sarria

A Xunta vén de publicar a licitación das obras de remodelación e mellora da accesibilidade dos albergues de Calvor e Barbadelo.

Publicado o

- Advertisement -

Os proxectos, impulsados pola Axencia de Turismo de Galicia, e cun orzamento que rolda os 300.000 euros -159.966 para o de Calvor, e 142.843 para Barbadelo- servirán para renovar as instalacións e para mellorar as condicións de accesibilidade destes edificios. Ambas construcións precisan desas obras para a súa adaptación ás necesidades e demandas propias deste tipo de aloxamentos de peregrinos.

A actuación nos dous albergues contempla a redistribución dos dous andares, reposición das instalacións de electricidade e fontanería, ampliación do sistema de calefacción e posible apertura de novas ventás nas fachadas.

O proxecto contempla un espazo independente de aseos separados na planta alta previo ao acceso ao dormitorio mixto, e un aseo adaptado na planta baixa. Nos dous casos mantense un espazo de cociña con servizo de lavandería integrado e unha sala de estar comedor. No albergue de Calvor proxéctase unha sala na que se podan acomodar de forma eventual dúas persoas de mobilidade reducida. Para o albergue de Barbadelo proxéctase un dormitorio de dúas prazas.

As ofertas que se presenten para acometer estas obras poden presentarse antes do 11 de xaneiro e o prazo de execución das actuacións será de catro meses. Ambos albergues ocupan antigas escolas e foron rehabilitados no ano 1993, o de Calvor ten capacidade para 22 peregrinos e o de Barbadelo para 18 usuarios/as.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, salientou que a ruta xacobea e “unha das principais portas de entrada de visitantes á nosa provincia, pola que cada ano miles de persoas achéganse a Lugo de camiño de Compostela, moitas por primeira vez. É o mellor escaparate, e o Goberno galego traballa co obxectivo de seguir avanzando na mellora da súa xestión e posta en valor”.

ÚLTIMAS

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...