HomesociedadeCharla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de...

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

A actividade está dirixida a toda a cidadanía, especialmente ás persoas inmigrantes, e terá lugar este mércores día 22 de abril, ás 12.00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, no Paseo do Malecón s/n. A encargada de impartir a charla é Celia López Rodríguez, avogada do Programa Inclusión Social Inmigrantes.

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado en relación co proceso de regularización extraordinaria previsto no Real Decreto 316/2026, de 14 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 1155/2024, de 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, publicado no BOE do 14/04/2026.

O obxectivo desta sesión é ofrecer asesoramento técnico e información clara e actualizada sobre os requisitos, procedementos e prazos relacionados coa regularización administrativa, así como resolver dúbidas das persoas asistentes.

A charla será impartida por unha avogada especializada en materia de estranxeiría do Programa de acollida de persoas inmigrantes do Concello de Monforte de Lemos que se desenvolve desde o 1 de xaneiro de 2026, ao abeiro da  Orde do 30 de  xullo de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais para programas de inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, para os anos 2025 a 2027, publicada no DOG do 19 de agosto de 2025.

Desde a Concellería de Servizos Sociais anímase a todas as persoas interesadas a asistir a esta iniciativa, que busca facilitar o acceso á información e contribuír á integración social e administrativa da poboación inmigrante no municipio. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos servizos sociais municipais.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...