HomePolíticaJavier González, voceiro do PSOE na Pobra do Brollón, reelixido candidato socialista...

Javier González, voceiro do PSOE na Pobra do Brollón, reelixido candidato socialista á alcaldía

A Agrupación socialista celebrou este venres unha asemblea extraordinaria na que os militantes elixiron por aclamación a candidatura de Javier González, o actual Secretario Xeral e Voceiro do PSOE.

Publicado o

- Advertisement -

Javier González, axente forestal, natural do concello, destacou que “dende este momento imos traballar para buscar as persoas idóneas para cada posto co obxectivo de confeccionar unha lista o máis plural posible e que recolla as diferentes sensibilidades de toda a vila”.

Para os socialistas o último mandato do equipo de goberno foi tempo perdido e aseguran non estar dispostos a perder máis tempo, “dende o PSOE da Pobra do Brollón temos as forzas renovadas para facer fronte ao inmobilismo do goberno do BNG, que durante esta lexislatura non presentou ningún proxecto que mellorara a calidade de vida dos nosos cidadáns.”

Asegura o candidato que o seu obxectivo será fomentar e impulsar a xeración de emprego, aproveitando as oportunidades que ofrece o territorio, ao trátarse do municipio da Comarca de Lemos con máis masa forestal. Javier González puxo en valor “o esforzo dos meus compañeiros no Goberno da Deputación para poñer en marcha a residencia para maiores, unha prestación moi necesaria no municipio e que sempre foi unha das nosas prioridades. Ademais, dende o Executivo Provincial melloramos camiños e accesos, acondicionamos estradas provinciais e potenciamos a cultura, o deporte e o turismo”.

ÚLTIMAS

Segredos de Pantón organiza un roteiro polo val do río Carabelos

O colectivo cultural Segredos de Pantón convida a unha actividade para o día 27...

Conta atrás e derradeiros dorsais para a ‘Quiroga Bike Marathon’

A Quiroga Bike Marathon está cada vez máis preto e entra xa na recta...

Comezan as inscricións do ‘Programa Activa’ do Concello de Monforte

O programa de envellecemento activo que promove o Concello de Monforte bota a andar...

Alberto Fidalgo, medalla de bronce no Campionato do Mundo de marcha nórdica

A cidade de Lahti, en Finlandia, acolleu o pasado 12 de setembro o Campionato...