HomesociedadeII Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, con 15 oficinas espalladas polo territorio galego, ofrece asesoramento gratuíto e personalizado para iniciar e desenvolver un emprendemento

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta semana no II Encontro de correlacións empresariais organizado no Polo de Emprendemento e apoio ao Emprego de Monforte de Lemos.

A directora puxo en valor o evento pola súa capacidade para reunir persoas emprendedoras da contorna co gallo de dar visibilidade aos seus proxectos e de descubrir posibles colaboracións e sinerxías; e convidou ás iniciativas participantes a pór sobre a mesa as súas experiencias e necesidades co afán de —a través do diálogo e da reflexión— extraer conclusións en beneficio de todas.

A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, con 15 oficinas espalladas polo territorio galego, ofrece asesoramento gratuíto e personalizado para iniciar e desenvolver un emprendemento. No caso da provincia de Lugo, ademais do de Monforte, funcionan os de Mondoñedo, Friol, A Fonsagrada e Sarria.

ÚLTIMAS

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...