Reinician os traballos para atopar os corpos das vítimas da represión franquista en Castroncelos

Esta é a segunda vez que se levan a cabo os traballos para atopar os corpos dos irmáns García Moral nas inmediacións da Igrexa Parroquial

Traballos de exhumación dos corpos en Castroncelos/ARMH

A Asociación da Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) comezou o 9 de xullo a traballar na procura dos irmáns García Moral vítimas da dictadura franquista en Castroncelos. As novas pistas a través das que se traballa foron aportadas polos veciños da localidade e contradín, en todo momento, a documentación oficial existente polo que dende a ARMH estase a traballar noutra zona do atrio da igrexa parroquial. Esta entidade chegou á conclusión de que a construción da nova Igrexa de Castroncelos foi determinante para a desaparición da fosa común alí existente.

Traballos de exhumación dos corpos en Castroncelos/ARMH
Familiares das vítimas da Represión Franquista en Castroncelos/ARMH

Esta é a segunda vez que se intentan levar a cabo os traballos de localización dos corpos dos irmáns de Montefurado. No 2016 cando comenzaron as labores de procura non se atoparon os seus restos pero si os de José Rodríguez Silvosa e Ramón Somoza Álvarez. José era natural de Lugo e xastre de profesión que levaba só uns meses vivindo en Monforte para cando se produciu o Golpe de Estado. Como outros moitos, participou na resistencia ó Golpe na súa localidade de residencia, e tras o fracaso da mesma, viuse obrigado a fuxir á montaña. De igual xeito lle sucedeu a Ramón. El era gandeiro e oriúndo de Castro Caldelas. Antes do Golpe de Estado foi concelleiro durante a II República e pertencente ó Partido Socialista. Ó igual que José, formou parte da resistencia fracasada e a finais de xullo do 1936 escapou a agocharse ó monte. Como xa informou o  XdL os seus restos foron entregados ás súas familias na Pobra do Brollón.

A HISTORIA DOS IRMÁNS GARCÍA MORAL

Un veciño da Pobra do Brollón fixo unha denuncia ante o Xulgado Municipal da Pobra do Brollón onde declaraba que apareceran dous corpos na Estación da Pobra, diante da casa do Bernardino. Na súa comparecencia declaraba que “al lado de los dichos cadáveres aparecieron casquillos correspondientes a balas de fusil máuser y que al parecer los cadáveres fueron muertos por la Falange Española al intentar deternerlos, pero sin saber decir quienes fueran”.

As autoridades da época abriron dilixencias a través do Xulgado de Quiroga o día 7 de setembro de 1936. Tras a orde de levantamento do cadáver, inspección ocular, autopsia dos mesmos, recoñeceuse que os corpos atopados na Chá de Castroncelos pertencían a un home duns 30 anos e o outro debía ter uns 35. Ambos era fillos do veciño de Montefurado coñecido como Bolés. José e Ricardo García Moral foron fusilados o día 6 de setembro por disparos de fusil. Tras o achado, o xuíz ordeou o enterramento de ambos corpos no atrio da Igrexa Parroquial de Castroncelos.

Tras posteriores investigacións, no Xulgado Militar de Monforte chegaron á conclusión de que foron “os fascistas de Montefurado” quen detiveron ós irmáns, introducíronos nun tren camiño de Monforte e posteriormente asasináronos.

interese estatal

A recuperación da memoria histórica é un tema de gran relevancia en España e xornalistas como Ana Pastor achegáronse ata Castroncelos para vivir de primeira man os traballos levados a cabo na Igrexa Parroquial. Dende alí, a reporteira da Sexta gravou un programa onde o tema principal son os traballos de exhumación de corpos asasinados durante a época ditatorial e nos cales están traballando a reo tanto os voluntarios da Asociación da Recuperación da Memoria Histórica como Xurxo Ayán, arqueólogo da zona e principal impulsor do descubrimento do Castro de San Lourenzo na parroquia de Cereixa.

Ana Pastor en Castroncelos/XdL

 

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here