HomeSucesosSegue a busca do menor desaparecido en Paradela desde a semana pasada

Segue a busca do menor desaparecido en Paradela desde a semana pasada

Segundo fontes próximas á investigación tanto no caso da nai, de nacionalidade holandesa, como do padrasto trátase de mortes por suicidio.

Publicado o

- Advertisement -

Continúa a procura do menor desaparecido en Paradela desde comezos da pasada semana. O mozo, de 15 anos, é fillo dunha muller achada morta o pasado venres na casa onde residía co padrasto do menor, que foi localizado tamén sen vida na xornada deste luns.

Segundo fontes próximas á investigación tanto no caso da nai, de nacionalidade holandesa, como do padrasto trátase de mortes por suicidio.

A muller foi achada no seu domicilio, situado na parroquia de Ferreiros, o pasado venres, cando axentes da Garda Civil e persoal dos servizos municipais se personaron na casa para preguntar polo menor, xa que non acudira a clase desde o luns.

A parella da muller, que tampouco estaba no domicilio na xornada do venres, foi localizada máis tarde. Este luns, axentes da Garda Civil regresaron á vivenda encontrando o cadáver do home.

Os primeiros indicios tamén apuntan ao suicidio como causa da morte do padrasto do menor, que permanece en paradoiro descoñecido.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...