InicioCulturaAberto o prazo para o concurso de carteis da XVI FeiraTradicional Outrora...

Aberto o prazo para o concurso de carteis da XVI FeiraTradicional Outrora de Bóveda

A Feira Tradicional Outrora ambienta os mercados tradicionais galegos de finais do século XIX e principios do século XX

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Bóveda acaba de facer públicas as bases polas que rexerse os que queiran presentarse ó concurso de creación do cartel da XVI Feira Tradicional Outrora que terá lugar o 14 de Xullo en Rubián.

Poderán presentarse todos aqueles que o desexen agás os que estean vinculados coa organización da feira e os seus familiares en 1º grado. Cada participante pode presentar un máximo de 2 obras e é indispensable que as mesmas sexan inéditas.

A data límite para a recepción de orixinais, que poden entregarse no Rexistro do Concello de Bóveda ou a través de correo electrónico no enderezo cultura@concellodeboveda.com, é o 15 de xuño e o premio para o gañador ascende a 200 euros en metálico.

Os que queiran participar no concurso, poden consultar ao detalle as bases na páxina web do Concello de Bóveda 

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...