IniciosociedadeA CIG denuncia o peche de camas no Hospital Comarcal de Monforte

A CIG denuncia o peche de camas no Hospital Comarcal de Monforte

Esta organización tamén sinala que están a recibir material antigo doutros centros hospitalarios.

Publicado o

- Advertisement -

A sección Sindical de CIG-SAÚDE no Hospital Comarcal de Monforte denunciou o peche de 28 camas na área de Medicina Interna deste centro. Segundo afirman, este peche suporá un trastorno para os pacientes, que terán que ser relocalizados noutras seccións como a de maternidade e pediatría.

A Dirección do centro xustifica este peche con distintos traballos de mellora. Con todo, a CIG sinalou que estas obras non teñen sentido despois ter aprobado un novo Plan Funcional para o Hospital hai escasos meses.

Representantes deste sindicato tamén denuncian que o Hospital de Monforte está a recibir material vello doutros centros, como camas, sillóns, colchón ou padiolas… Destacan que quen sofren estas carencias son os doentes, que dispoñen almofadas “tercermundistas” e carecen de roupa de cama axeitada.

ÚLTIMAS

I Work Ribeira Sacra Chantada

Tratábase da I edición do Work Ribeira Sacra, primeiro evento networking que se realiza...

Restauración da imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida, en Quiroga

A imaxe da Virxe dos Remedios da Ermida está a sufrir unha importante restauración...

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...