HomeComarca de ChantadaChantadaDez centros de educación primaria do sur de Lugo sufrirán reformas este...

Dez centros de educación primaria do sur de Lugo sufrirán reformas este verán

O investimento da Xunta no sur da provincia é de pouco máis de 127.000 euros, que serán repartidos entre os centros de oito concellos.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia acaba de anunciar un investimento extraordinario para levar a cabo reformas nalgúns centros de educación primaria do sur de Lugo. Estes traballos levaranse a cabo durante o verán, aproveitando as vacacións do alumnado para non interferir no ritmo diario do curso escolar.

Serán oito os colexios beneficiados na zona sur de Lugo: o CEIP Eloísa Rivadulla e o CEIP Xoán de Requeixo en Chantada, o CPI Doutor López Suárez e o CEIP Currelos no Saviñao, o CEIP Virxe do Carme en Sober, o CEIP Monte Baliño de Pantón, o CEIP A Gándara de Monforte, o CEIP de Quiroga, o CEIP de San Clodio en Ribas de Sil e o CPI Uxío Novoneyra en Folgoso do Courel. Estes centros contarán cun investimento total duns 127.000 euros, que serán empregados para obras tan diversas como a ampliación do salón de actos e o comedor no colexio de Sober ou a pavimentación da zona infantil no chantadino Eloísa Rivadulla.

Para o total da provincia, a Xunta destinará case 900.000 euros para os 55 centros de primaria e secundaria necesitados de acondicionamento. Segundo o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, trátase dunha medida cuxo obxectivo é o de garantir a seguridade e a accesibilidade nos lugares de ensino.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...