HomesociedadeO concello de Sober súmase ao programa Xantar na casa

O concello de Sober súmase ao programa Xantar na casa

Este servizo consiste na subministración de comidas no domicilio de persoas dependentes ou en risco de exclusión social.

Publicado o

- Advertisement -

O Pleno Municipal de Sober aprobou por unanimidade a integración deste Concello no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Deste xeito, poderá formar parte do programa Xantar na Casa. Trátase dun servizo que consiste na subministración de comidas no propio domicilio das persoas usuarias.

Xantar na Casa está pensado como un programa social de atención a colectivos de persoas maiores e en situación de dependencia. O seu obxectivo é o de prestarlles apoio nos seus domicilios e mellorar a calidade de vida destes usuarios. Este servizo non é incompatible co servizo de axuda no fogar.

Poderán adscribirse a este programa as persoas dependentes que carezan de apoio familiar e que requiran de axuda para a preparación de alimentos, persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e que non conten unha rede de apoio que supla esta situación e persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social.

Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober, explicou que a Xunta asume o 50% do gasto deste servizo a través da Consellería de Política social. A metade restante divídese equitativamente entre o Concello e o usuario.

ÚLTIMAS

A mostra expandida “Un cadro nun lugar” amosa en empresas e institucións da Ribeira Sacra a pintura de Manuel Jorge

A mostra expandida, "Un cadro nun lugar", implica a cesión en déposito de cadros...

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao,...

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación...