Iniciosociedade350.000 euros para a estrada provincial entre Monforte e A Pobra do...

350.000 euros para a estrada provincial entre Monforte e A Pobra do Brollón

A Deputación de Lugo vén de aprobar obras de mellora do firme das estradas LU-P-3203 e LU-P-4702, que unen Monforte de Lemos coa Pobra do Brollón. Investiranse 351.325 € nunhas actuacións que se executarán nun prazo de seis meses.

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos desenvolveranse en 7 quilómetros e medio no treito que une Monforte con Vilachá-Rozavales.  En concreto, na LU-P-3203, melloraranse 6 quilómetros, entre os puntos 6,030 e 11,997. Ademais, farase outra intervención na LU-P-4702, entre os puntos 1,200 e 2,400.

Consistirán na pavimentación, reapertura de cunetas e sinalización horizontal. Estas obras mellorarán a seguridade viaria e a comodidade dos condutores nunha estrada de moita relevancia social, que conecta o núcleo de Rozavales coa cidade de Monforte de Lemos.

O proxecto técnico sométese a información pública durante quince días, e logo, se non hai reclamacións, quedará aprobado de xeito definitivo. Tamén queda aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación desta obra.

Rolda de prensa da Xunta de Goberno. Foto: Prensa Deputación de Lugo

ÚLTIMAS

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra asina coa Universidade da Coruña a realización do seu Plan Director

Hai un mes a Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebraba unha xornada para presentar...

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, a de Eixón será unha foliada con...

O IES A Pinguela celebra o 40 aniversario

Este venres 26 de abril o IES A Pinguela ten programada unha xornada na...