HomesociedadeNApalm Fest no Buril

NApalm Fest no Buril

Publicado o

Este venres, 19 de outubro, a partir das 20.00, comeza no Buril a segunda edición do  NApalm Fest, un dos mellores festivais da escena do Metal en Galicia. Contarase con Death Metal, que chegan dende Albacete, Mano de Piedra con Sludgemetal dende Vigo, As Life Burns: Metalcore desde Asturias, Elefantes Mutilados: Thrasmetal dende Vigo e Barbarian Prophecies: Death Metal dende Lugo.
Para participar da cita pídese unha entrada de 8 € para as bandas participantes. As 50 primeiras entradas recibirán un cd de Base Record Production.
Haberá unha recollida de donativos para Frente L.A Santuario Animal durante o evento, pódense facer donativos sen ter que entrar no Festival.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...