Iniciosociedade"O medo convertiuse en parte do noso día a día", Iñaki Muñoz,...

“O medo convertiuse en parte do noso día a día”, Iñaki Muñoz, técnico de defensa persoal

O centro deportivo Ximnasio Arena de Chantada e a Asociación de Empresarios de Chantada organizan, por segundo ano, un curso de defensa persoal para persoas maiores de 15 anos, que prestará especial atención a situacións de violencia de xénero.

Publicado o

- Advertisement -

O curso que se desenvolverá os luns no Ximnasio Arena, en horario de 21.00 a 22.00, comeza o vindeiro día 28. A sesión desta xornada será de balde para que os asistentes do ano pasado repitan ou os que veñan novos, experimenten por primeira vez. O 4 de novembro comezarán as clases de maneira oficial. O curso custa 15 € / mes por persoa e é gratuíto para asociados da ‘Asociación de Empresarios de Chantada’.

Falamos co Técnico do Centro Deportivo Ximnasio Arena, Iñaki Muñoz.

O curso ten un enfoque de violencia de xénero, en que consiste?

O curso é de defensa persoal, tanto para homes como para mulleres. Tamén se busca acabar, na medida do posible, coas diferenzas que, por “xénero”, se dan entre homes e mulleres a nivel físico (forza, velocidade, potencia, etc.) Se melloramos os niveis físicos e técnicos, melloramos a autoconfianza.

Veremos tamén linguaxe non verbal que axuda a interpretar hipotéticas agresións e ferramentas técnicas e motrices para saber utilizar as respostas máis eficientes en cada momento. Anticiparnos ás agresións e, na medida do posible, poder disuadir e evitar unha agresión.

Iñaki Muñoz de traxe / Ximnasio Arena

Como nace esta iniciativa?

No centro deportivo impartimos artes marciais e algunhas mulleres e nais falaban de facer algo máis específico. Comezamos a falar e interesouse máis xente, como a Asociación de Empresarios. O primeiro ano foi un éxito. Iso si, só había mulleres. Este ano estamos invitando aos homes a que se animen a participar.

Cando eu estudiaba en EXB, os rapaces ían por una lado e as rapazas por outro e non se mesturaban, e hoxe parece que esteamos de volta nas mesmas ideas. Se van as rapazas non van os rapaces e ao revés. Cando tiña que ser doutro modo, tentar traballar xuntos porque lles irá ben ás dúas partes. Por exemplo para ter unha percepción real do que é a agresión dun home; como compañeiros de adestramento non é o mesmo que te agreda un home ou unha muller.

Nos centros deportivos tamén se ven casos de discriminación sexual ou de violencia de xénero?

Levo 35 anos nisto e danse casos, pero non é algo moi frecuente. En 35 anos paume en dúas ocasións, non con violencia física, pero sí unha violencia verbal, que como director tiven que tomar cartas no asunto.

As participantes do pasado ano, en liñas xerais, por que acudían ao curso?

O motivo principal para participar deste tipo de propostas é o medo. Non sempre, pero é habitual. O medo a saír de casa soa porque un día vas de cea e queres volver a casa e tes medo a atoparte nunha situación comprometida, medo porque a altas horas tes que ir buscar ao fillo ou filla e vas soa. É medo. O medo convertiuse en parte do noso día a día. É curioso e non lle prestamos atención. Non se pode vivir con medo,  pensando que che vai a pasar.

Como pensar que se colles o coche vas ter un accidente.

É un bo exemplo porque no coche vas collendo experiencia e en situación críticas respondes en función desa experiencia, que non é a mesma se levas anos conducindo que se acabas de coller o coche. Coa defensa persoal pasa un pouco o mesmo, se vas metendo horas de adestrameto, non pensas que che vaia pasar nunca un caso, pero un día, nunha situación crítica, segundo as horas de traballo previo, vas respostar dun modo ou doutro e iso dache seguridade, como no coche. Cando saes á rúa, non pensas que che vaia pasar nada porque vas seguro

As participantes do pasado ano remataron a actividade sentíndose máis seguras?

O ano pasado, nada máis comezar, á cuarta sesión, a unha rapaza tentárona agredir cun coitelo nun caixeiro automático. Grazas que era un caixiero exterior, era de noite. Estaba sacando cartos e chegoulle unha persoa por detrás que a ameazou. O pouco que puido aprender e sacar en 4 sesións fixo que reaccionara ben e puidera defenderse nesta situación. Tivo unha boa reacción e quedou nun susto.

A actividade funciona. Queremos introducir esa seguridade para que a xente a teña na rúa. Nos próximos días imos reunirnos coa dirección do institutos Val do Asma e Lama das Quendas para que a introduzan entre os alumnos, como teñen xadrez e música. Educar en valores, educar en autodefensa ante agresións, porque xa non se trata só de violencia de xénero, nas aulas tamén está o bulling e outro tipo de agresións ante as que é importante setirse seguro para facerlles fronte.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...