IniciosociedadeRibeira Sacra, epicentro do viño español con motivo da XXIV Asemblea da...

Ribeira Sacra, epicentro do viño español con motivo da XXIV Asemblea da CECRV

O conselleiro do Medio Rural, José González, participaba este venres, na clausura da XXIV Asemblea xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), cita para a que a D.O. Ribeira Sacra actúa como anfitrioa achegando aos participantes a coñecer exemplos dos seus principais recursos.

Publicado o

- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural sinalou que o viño é o principal elemento dinamizador dos territorios que conforman os distintos selos de calidade deste eido produtivo, “elemento para unir sinerxías con outros sectores como poden ser o turístico, tanto na vertente natural coma cultural ou paisaxística.”

Así, o conselleiro puxo en valor as rutas dos viños, que conxugan todos estes valores e potencian a imaxe de Galicia Calidade, con especial atención á “viticultura heroica” da zona da Ribeira Sacra. Un área que destaca polos seus viñedos colgados en ladeiras de ata 85 graos de inclinación. Tamén aludiu á Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, coa que se persegue mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, reforzar a súa imaxe de marca e identidade vinculada aos diversos territorios nos que se producen e mellorar a eficacia da promoción e comercialización en conxunto de produtos turísticos vinculados ao sector vitivinícola.

Asemblea CECRV / Consellería Medio Rural

Durante a súa intervención, o conselleiro destacou a calidade das cinco denominacións de orixe vinícolas que hai na nosa comunidade -Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Valdeorras e Ribeiro-, das catro indicacións xeográficas protexidas que conforman os Viños da Terra -Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e Ribeiras do Morrazo- e a que agrupa ás augardentes e licores tradicionais de Galicia. “Cada unha delas é única”, matizou o titular de Medio Rural, subliñando que os seus aromas, corpos e variedades fan dos nosos caldos unha experiencia inigualable e convertan este sector nun dos máis estratéxicos da economía galega.

Nesta liña, o conselleiro quixo agradecer o bo facer dos case 14.000 viticultores e 450 bodegas que están inscritas na nosa comunidade. O titular de Medio Rural engadiu que as máis de 9.000 hectáreas de viñedo permiten producir máis de 60 millóns de quilos de uva de gran calidade, que se ve reflectido no prestixio que teñen os viños galegos con selo de calidade.

Asociación sen ánimo de lucro

A Conferencia Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas (Cecrv) é unha asociación sen ánimo de lucro que representa ás denominacións de orixe vitivinícolas españolas ante o Goberno do noso país e ante organismos ou entidades públicos ou privados, internacionais, nacionais ou rexionais cuxa actividade ou competencias estean relacionadas de maneira directa ou indirecta co mundo do viño.

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...