IniciosociedadeA Deputación pediralle á Xunta que "priorice" o desdobramento do corredor Nadela-Monforte

A Deputación pediralle á Xunta que “priorice” o desdobramento do corredor Nadela-Monforte

O BNG sacou adiante esta iniciativa logo de "máis dunha década de anuncios" sen feitos. Esixen que os orzamentos do 2020 inclúan os fondos necesarios para executar por fin esta obra, tan necesaria pola alta sinistralidade na vía.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou unha moción para requirirlle á Xunta de Galicia que “priorice” o desdobramento do corredor Nadela-Monforte nos orzamentos do 2020. A iniciativa, levada a pleno polo BNG, quere pór fin a “máis dunha década de anuncios” desta obra sen que fose materializada.

Vendo todos os accidentes que houbo nesa vía, ao mellor deberían darlle prioridade”, dixo o deputado nacionalista Efrén Castro no pleno provincial deste 29 de outubro. En concreto, referíase ao treito Láncara-Sarria, de gran perigosidade e con cifras brutais en canto a sinistralidade. Castro criticou que o goberno galego non executase os catro millóns de euros comprometidos en 2018 para o inicio das obras. Ademais, afeou que nos orzamentos do 2020 só se consignen tres millóns para a actuación, cando a totalidade da cantidade precisa ascende a uns 20 millóns.

A “CANTINELA” DO PP: ANUNCIAN A OBRA, PERO “NON POÑEN UNHA PEDRA”

Os nacionalistas lamentan a “cantinela” á que se afeccionaron os representantes do PP nos últimos anos: “Cantas veces anunciaron o desdobramento? Poden contar as veces que o señor Feijóo veu a Sarria anunciar o inicio das obras sen que se puxera aínda nin unha soa pedra? Queren facernos pasar por parvos“, asegurou Castro. Así pois, instan á Xunta de Galicia a que “dote con fondos suficientes as obras do tramo de maior perigosidade entre Láncara e Sarria para que a obra se inicie no curto prazo”.

Na bancada do PSdeG tamén se fixo fincapé na necesidade de executar por fin esta obra, tan necesaria debido ao gran número de accidentes rexistrados nesta vía. “Que narices fan actuando no tramo intermedio? Claro, é o máis barato”, deixou caer con sarcasmo o deputado socialista Pablo Rivera.

“AS OBRAS ESTARÁN COMEZADAS EN MENOS DUN ANO”

Pola súa parte, o PP mostrouse de acordo coa petición de desdobramento. “Como non imos estar a favor desta infraestrutura?”, preguntáronse. Asemade, defendéronse das acusacións e alegaron que o DOG vén de aprobar o proxecto para o inicio de desdobramento. Eses tres millóns de euros comprometidos serían suficientes para a primeira fase, aseguraron. Ademais, garantiron que a obra será licitada en breves e que “en menos dun ano estaremos coas obras xa comezadas”.

 

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...