HomePolíticaA Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

A institución provincial trasladou onte á veciñanza, nunha reunión celebrada no municipio, que as obras comezarán á maior brevidade e correrán a cargo das empresas que participaron na saca de madeira, baixo a supervisión da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa veciñanza para explicar os pasos previstos para reparar a estrada, desde a solicitude de ofertas que se comprometeron a realizar as empresas madeireiras ata a supervisión dos traballos por parte da institución provincial.

“Esta vía sufriu importantes danos polo intenso tránsito dos camións empregados na retirada da madeira queimada nos incendios de 2022”, sinala o voceiro socialista. Neste sentido, destaca a importancia da reparación para os veciños e veciñas dos distintos núcleos aos que dá servizo e para todas as persoas que a utilizan nos seus desprazamentos.

Rubio explica que os prazos estarán condicionados polo tempo necesario para completar a contratación e pola meteoroloxía. Neste sentido, agarda que os traballos poidan comezar canto antes e permitan recuperar esta estrada canto antes.

O voceiro socialista reivindica o traballo realizado polo PSdeG para canalizar as demandas veciñais e procurar solucións. “Demostramos que desde a oposición tamén se poden conseguir grandes melloras na vida da cidadanía. O noso compromiso con A Pobra do Brollón é absoluto e seguiremos traballando para trasladar as necesidades da veciñanza ás administracións que correspondan e reclamar as actuacións que precisa o noso concello”, conclúe.

PSOE A Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...